A Conta Xeral 2019 de Silleda da un resultado positivo de 800.000 euros

0

Silleda, 16 de xuño do 2020 – O concello de Silleda reuniu a Comisión de Contas para ditaminar a Conta Xeral do 2019 que foi aprobada cun resultado positivo de 802.699,13  euros.

A Conta xeral recibiu os votos favorables do Psoe e as abstencións de PP e BNG, agora será sometida a exposición pública antes do seu envío ao Consello de Contas.

Según o alcalde, Manuel Cuíña,  “Tal e como se veu comprobando nos últimos anos, a situación económica do Concello foi mellorando considerablemente respecto a anos anteriores”.  Os ingresos sitúanse en 6.443.303,81 euros, mentres que os gastos ordinarios foron de 5.681.613,11 euros.

“Un dos grandes esforzos que realizamos ao longo destes últimos anos foi a posta a punto da contabilidade, coa erradicación do lastre das débedas como gran obxectivo. E non só pagamos todo o que se debía, senón que ademais continuamos sendo capaces de aforrar”, indica Cuiña.

O remanente de tesourería, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos dispoñibles, os que se deben e os pendentes de cobro) volveu ser positivo tamén, con con 703.327,35 euros, aumentando as cifras do ano anterior (o remanente en 2018 foi de 413.969,91 euros) , e  seguindo a mesma liña dos últimos anos e logo de deixar atrás as cifras negativas do ano 2013.

 “Logo de anos escoitando a palabra déficit, o Concello de Silleda volve arroxar superávit un ano máis”, indica Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial