Silleda asina o convenio con Cultura e o Obispado para as reparacións necesarias no mosteiro de Carboeiro

0

Silleda, 21 de novembro do 2018 –   O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, asinou en Santiago  xunto co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o representante do Obispado de Lugo, César Carnero, o convenio para  realizar obras de reparación e conservación no mosteiro de Carboeiro.

Cuiña sinala que “é unha actuación moi necesaria e importantísima porque tanto a limpeza dos muros, nalgún punto moi deteriorado, como a reparación das cubertas, son necesarias a nivel estrutura para manter o edificio do mosteiro”. O rexedor agarda que despois desta inversión, que se licitará hoxe mércores, según informou o conselleiro, “veñan outras e se faga o plan director que se acordou no seu momento”.

O alcalde destaca que o mosteiro, que recibe cada ano unha media de arredor de 20.000 visitantes é o gran referente do románico oxival en Galicia, “ademais de ser un emblema non só para Silleda senon para toda a comarca do Deza”.

O Concello de Silleda veu remitindo nos últimos anos distintas peticións que desembocaron en informes de técnicos de Patrimonio que concluían a necesaria reparación de partes do mosteiro coma os muros do claustro que agora se acometerán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial