Silleda asina un convenio co Obispado para ampliar o acceso á igrexa de Refoxos

0

Silleda, 31 de xaneiro do 2019 –   O Concello de Silleda vén de asinar un convenio co Obispado de Lugo de cara á execución de obras de mellora no entorno da igrexa parroquial de Refoxos. O alcalde, Manuel Cuiña, e o párroco de Refoxos, José Catanga, en representación da Diócese asinaron o acordo polo que esta última cede ao Concello de xeito temporal un terreo de 1.000 metros cadrados ao longo do camiño que se pretende ampliar.

Con esta cesión, no lugar de Lázara, e coa dos propietarios doutras parcelas da zona, que xa amosaron a súa conformidade ao Concello de Silleda, poderase levar a cabo nos vindeiros meses unha das actuacións máis agardadas nesta parroquia.

Está previsto ampliar o viario de acceso á igrexa, duns 300 metros, un camiño estreito e moi deficitario no que só se pode circular nun único sentido. Ademais de ampliar esta pista, contemplase a creación dunha zona de estacionamento de uso público nas inmediacións do lugar do Lázara.

“Trátase dunha actuación que veñen demandando os veciños e veciñas de Refoxos nos últimos anos, e unha vez obtida a conformidade dos  propietarios destes terreos e tamén do Obispado, podemos plantexar levala a cabo, xa que esta zona conta cuns accesos moi deficientes”, indica o alcalde, destacando que a mellora suporá dotar a Refoxos con este servizo.

Cuiña agradece aos veciños e ao Obispado de Lugo a súa boa disposición para que a mellora se poida materializar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial