займ срочно

Silleda realizará un estudo sobre o aproveitamento de augas mineromedicinais

0

Silleda, 4 de marzo do 2017 – O Concello de Silleda realizará un estudo para evaluar as posibilidades de aproveitamento das augas mineromedicinais existentes no termo municipal.

Este traballo tería como obxectivo evaluar os posibles aproveitamentos deste tipo de manantiais en un futuro ver as posibles actuación a levar a cabo de cara a súa posta en valor.

O proxecto, aprobado na Xunta de Goberno Local de Silleda, conta cun orzamento de 4.961 euros.

“Sabemos que hai augas mineromedicinais en puntos coma Crestelle, preto da Casela ou no entorno de Pazos cun alto potencial e consideramos que dende o Concello debemos de apostar pola posta en valor destes recursos”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.

Trátase de fontes que tradicionalmente eran usados polos veciños que facían uso destas augas con propiedades terapéuticas.

Esta iniciativa forma parte da filosofía do goberno municipal para recuperar e poñer en valor recursos naturais, etnográficos e tradicionais enclavados no rural de Silleda.

A recuperación de fontes e lavadoiros e tamén muiños levada a cabo nos últimos anos figura no listado deste tipo de actuacións que se pretende complementar agora coas augas mineromedicinais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies