Silleda lamenta que a empresa de Axuda no Fogar non pague aos empregados e aclara que abonou en tempo tódalas facturas

0

Silleda, 5 de marzo do 2018 – O goberno municipal de Silleda ven de emitir un comunicado contestando as críticas que achacaban ao retraso do concello nos pagos a empresa Serinter o retraso no cobro das traballadoras de Axuda no Fogar.

As auxiliares de Axuda no Fogar levan tempo sufrindo impagos por parte da concesionaria do servizo, Serinter. Nas últimas semanas desde a oposición culpábase ao goberno municipal da situación polo retraso no pago das facturas e incluso o Partido Popular presentou un escrito interesándose por esta cuestión. Agora o goberno municipal aclara que as facturas presentadas por rexistro pola empresa foron pagadas cunha media de 16 días.

O alcalde Manuel Cuiña explica que “É un prazo máis que áxil que demostra que os argumentos dos que criticaron a este concello por impago non teñen cabida”.

O goberno advirte que incluso houbo meses, coma o de setembro de 2017 nos que a factura se abonou o mesmo día da presentación.  O Concello de Silleda vén de sacar a concurso o servizo, de novo por 2 anos e prorrogables por outros 2. Nos vindeiros días publicarase o anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra para abrir o prazo de presentación das ofertas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies