Silleda reparte axudas por importe de  63.000 euros

0

Silleda, 27 de outubro do 2017 –  A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar o reparto das axudas as actividades culturais e as de participación social, sendo estas últimas unha das novidades da convocatoria deste ano.

En total repártense 63.100 euros entre un total de 33 colectivos, tanto culturais como veciñais. Das 34 asociacións que se acolleron a esta convocatoria só se rexeitou unha solicitude por non axustarse ás bases da convocatoria.

As axudas municipais do Concello de Silleda incrementáronse este ano en máis dun 30 por cento. As tres liñas de subvención –culturais, deportivas e veciñais-suman un total de 98.000 euros, “unha cantidade que vimos incrementando nos últimos anos gracias á boa xestión do executivo municipal, podendo dispoñer de máis fondos para axudar ao noso numeroso tecido asociativo”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

O reparto das subvencións deportivas xa se aprobou en días pasados, cun total de 35.000 euros. A gran novidade deste ano é a convocatoria das axudas de Participación Social, dirixidas especificamente ás asociacións veciñais, para diferencialas do resto de colectivos.

Para a realización destas actividades de promoción da Participación Social e/ou Veciñal -destinadas ás asociacións inscritas no rexistro municipal tivéronse en conta criterios como a antigüidade da asociación veciñal, o interese xeral da actividade ou o fomento da participación.

E canto ás subvencións culturais , entre os criterios a ter en conta figuraron  os relacionados coas asociacións (numero de socios, antigüidade, continuidade da traxectoria dende a súa creación); coas actividades (interese cultural, numero de actividades realizadas ao longo do ano, fomento da cultura no colectivo infantil…)

Terán tamén ao igual que nos últimos anos consideración especial os colectivos ou asociacións  que precisen de directores especializados para desenvolver as súas actividades.

Xustificación, ata o 15 de decembro

Nos tres casos, o prazo para xustificar debidamente as axudas concedidas (presentando en cada caso a documentación requirida) remata o vindeiro 15 de decembro, se ben as entidades que así o estimen poderán solicitar unha prórroga que se aceptará se está debidamente xustificada. Os documentos a presentar para a xustificación están recollidos nas bases reguladoras, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra o día 18 de abril.

As entidades 17 beneficiarias no caso das axudas a actividades culturais son as seguintes:  Banda de Música Municipal de Silleda (15.950€); Asociación Cultural Vista Alegre (4.100€); Banda Recreativa e Cultural da Bandeira (14.570€); Xirandola (6.860€); Coral Polifónica Trasdeza (4.200€); Fortín da Pomba (5.338€); Coro Vales Mahía (1.780€); O Cruceiro de Breixa (600€); Gaiteiros da Pereiriña (800€); O Son da Fervenza (800€); Asociación SocioCultural de Cortegada (500€); Anpa Musiquiños (500€); Asociación Cultural Axóuxere de Fiestras (500€); Coto do Castelo de Graba (500€); Asociación Xenerais de Lamela (400 euros); Os Carqueixas (300€); Asociación Veciñal e Cultural de Refoxos (300€).

No caso da liña de axudas de Participación Social, as 16  asociación de veciños beneficiarias son: Asociación Feiral Semana Verde (370€); Asociación de Veciños de Parada (370€); Asociación de Veciños de Laro (370€); Asociación de veciños Vilar de Trasdeza (370€); Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda (350€); Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Taboada (350€); Anpa Brincadeira (350); Avema (320); Asociación Copa do Castro (320€); Asociación de Veciños San Miguel de Lamela (300€); Asociación Veciñal e Cultural de Cortegada (AVECUCO) (300€); Asociación de Mulleres de Abades (270€); Asociación de Mulleres Fervenza de Escuadro (270€); Asociación de Mulleres de Rellas (270€); Asociación Amigos da Casa Escola de Paredes (270€); e Asociación A Costa de Abades (250€).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies