Silleda coloca bancos na rúa da Estación e na Chousa Nova

0

Esta dotación fora solicitada polos veciños de Silleda que habitualmente realizan andainas por estas zonas

Silleda coloca novos bancosSilleda, 17 de outubro do 2016.  O Concello de Silleda procedeu en días pasados á colocación de dous bancos no tramo da rúa da Estación e doutro na rúa da Chousa Nova, preto do Centro Social. Esta actuación forma parte da mellora do mobiliario urbano na vila e vén a responder tamén á petición veciñal formulada por un grupo de usuarios que habitualmente camiñan por esta zona, como espazo para realizar descansos e conversar.

A estética dos bancos é a mesma que a dos instalados con anterioridade noutros puntos do casco urbano, coma os instalados na rúa Pintor Colmeiro, outro dos tramos que circundan a vila e polos que camiñan habitualmente numerosos veciños e veciñas.

“Despois de rematar tramos de aceras que aínda estaban incompletos, de facer outros novos tramos de sendas peonís, caso da de Vilanova, apostamos por mellorar o mobiliario urbano nas rúas”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial