Silleda reunirá no certame Azaloira de Bandeira a doce grupos de baile tradicional

0

Silleda, 22 de maio do 2017 –  O baile tradicional volve ser protagonista na Bandeira da man dunha nova edición do certame Azaloira, que celebra o seu 17 aniversario o vindeiro domingo 28.

A cita, organizada por Fortín da Pomba, xuntará a unha ducia de grupos de distintas localidades galegas no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira ás 18:30 horas.

Como vén sendo habitual o certame conta con dúas categorías. Na A, de 8 a 13 anos, participarán dous grupos da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras; outros dous  da Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo (Os Batáns e Os Castros); outros dous grupos da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos de Santiago; dous da Asociación Cultural Seixebra de Moraña (Os Espetos e Os Carneiriños), e o grupo Loaira da Asociación Mestre Manuel Gacio de Lestedo.

Na categoría B, de 14 a 17 anos, participan o grupo Rosalía de Castro de Cacheiras, da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos de Santiago e Debandoira, da Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo.

O grupo anfitrión en Bandeira actuará a modo de exhibición neste concurso que repartirá un total de 1.950 euros en premios. Así, na categoría A haberá tres premios de 400, 250 e 150 euros, así coma cadanseu trofeo ; e na categoría B outros tres premios de 500, 300 e 150 euros, ademais dos trofeos. Do mesmo xeito o certame recupera a concesión de accésit ao mellor vestiario, con senllos premios de 100 euros para a mellor vestimenta en cada unha das categorías.

Dende Fortín da Pomba a súa presidenta, Josefa Ferreiro, que presentou o cartel xunto con membros da directiva, o alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura, Ana Luisa González, agradéceu “o apoio do Concello de Silleda e de todas as empresas e comercios que colaboran e que fan posible a realización deste certame que segue a potenciar as escolas dos grupos”, engade.

Cuiña e Ana Luisa González destacaron así mesmo o traballo realizado polo colectivo Fortín da Pomba de Bandeira  “que ven a reforzar a sona que ten Bandeira no ámbito tradicional, tal e como se demostra ano tras ano cun plantel de calidade no cartel do Azaloira”, engaden.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial