A bisbarra contra a Coronavirus XIII, Silleda

0

Silleda, 30 de abril do 2020 – Seguimos percorrendo os concellos da bisbarra e coñecendo como viven a crise do Coronavirus, hoxe achegámonos a Silleda.

Manuel Cuiña é o seu alcalde desde o 2013 aínda que no 2007 xa entrara como concelleiro e primeiro tenente de alcalde. En estes 13 anos de vida municipal nunca pensara en vivir unha crise como a do Coronavirus e para el o peor e non saber que pasará

Cuiña recoñece que no rural é máis doado pasar o confinamento pero lembra tamén que ata o de agora foi sempre o “pagano” de tódalas crises

O alcalde non nega que hai unha oportunidade para agricultura pero é pesimista xa que o sector non está preparado para aproveitala. Lembra ademais que no sector agrogandeiro, a diferenza doutros,  as explotacións que pechan non volven a abrir 

A bisbarra contra a Coronavirus XIII, Silleda

Manuel Cuiña, alcalde de Silleda

Hai un dato moi descoñecido de Silleda, é o concello da area de Santiago que máis camas de hotel ten despois de Compostela. O recinto Feiral da Semana Verde é, na maior parte, o que mantén esta infraestrutura que agora ve un futuro moi incerto

Outra das festas máis importantes da bisbarra de Compostela, a da empanada, ten tamén un futuro incerto e pode que sexa a primeira vez en 45 anos que se teña que suspender

Manuel Cuiña destaca de esta pandemia o espírito de colaboración que se da no concello, de voluntarios, de empresas e de veciños en xeral

Silleda é un referente na bisbarra de Compostela, polo recinto feiral, por lugares como Carboeiro ou Merza e por festas como a da Empanada ou romarías como a do Neno. Esta crise está poñendo a proba o traballo realizado nos últimos anos desde o concello e nos próximos meses pode ser un termómetro de que situación queda no resto do territorio.

A bisbarra contra a Coronavirus XIII, Silleda

Imaxe de Google Earth

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial