Silleda busca paxes para acompañar aos Reis e a Papa Noel

0

Silleda, 5 de decembro do 2018 –  A Concellería de Cultura de Silleda  xa ten aberto o prazo para participar nalgunhas das actividades máis concorrida do programa de Nadal como a visita dos Reis ou de Papa Noel.

Os nenos e nenas que queiran participar como paxes na recepción de Papa Noel, que se celebrará na Bandeira o día 25 pola tarde poden anotarse xa no Centro cultural Vista Alegre ata o venres 21.

Para participar na Cabalgata de Reis do sábado 5 de xaneiro polas rúas de Silleda, os nenos e nenas que queiran ir de paxes poden anotarse na Casa da Cultura (rúa Progreso). O prazo de inscrición rematará neste caso o 28 de decembro.

Estas inscricións deben ser feitas polos responsables dos menores en persoa nos centros indicados.

Tamén está aberto o prazo para participar na festa infantil de Fin de Ano, que volverá á Casa da Xuventude o venres 28 de decembro, con animación, cotillón e merenda. Os nenos e nenas que desexen participar deben de anotarse tamén na Casa da Xuventude ata o venres 21.

Toda esta información está recollida no Peke Programa de Nadal, coa programación específica para o público máis novo e que foi entregada hoxe dende o Concello nos tres centros educativos de Infantil e Primaria do municipio.

Asubíos, este xoves con Elefante Elegante

Tamén este xoves no marco do Programa Fala Redes a compañía Elefante Elegante chega ao auditorio Manuel Dopazo da Bandeira coa obra Asubíos, para o público a partir dos 3 anos de idade. A actuación, ás 18:00 horas, ten entrada libre. A vindeira semana dará comezo os variados obradoiros de manualidades que continuarán ata xaneiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial