Silleda buscar de novo apoio para crear un viveiro de empresas no Polígono Área 33

0

Silleda, 24 de xaneiro de 2019. O Concello de Silleda volverá a concorrer á liña de axudas da Xunta de Galicia destinadas á creación de viveiros de empresas en polígonos industriais de Galicia.

O goberno municipal conta xa cun proxecto para lograr esta dotación no Parque Empresarial Área 33. Prevese a dotación dun edificio que se levantaría integrándose coa actual nave municipal sita nesta parcela. Este novo edificio serviría como viveiro empresas tecnolóxicas ou de servizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo. Do mesmo xeito, tamén se plantexa como lugar de encontro e reunión entre distintos profesionais.

Segundo o proxecto realizado polo Concello de Silleda, o novo edificio proxéctase cunha estrutura de planta baixa, en forma de “L”, e adxacente á nave que xa existe na parcela municipal, xunto á rotonda do parque empresarial. O deseño permitiría unha futura ampliación cunha nova planta nunha seguinte fase. O proxecto contempla espazos como unha cafetería, vinculada ao acceso principal, despachos para as empresas, salón de actos, e aseos accesibles.

 “Plantéxase a construción dunha estrutura modular que permitiría, se fose necesario, ir ampliando o edificio para acoller novos servizos”, indica o alcalde Manuel Cuiña.  O orzamento estipulado no proxecto e de 349.085 euros.

 “Con esta proposta cumprimos co noso compromiso de crear un edificio destinado a viveiro de empresas e centro empresarial en Área 33”, indica o alcalde Manuel Cuiña, que lembra que dende o goberno municipal se teñen realizado distintos investimentos nos últimos anos na mellora do polígono silledense e optado, aínda que sen éxito ata agora, a esta liña de axudas para a creación dun viveiro empresarial, que volve convocarse a través da orde autonómica publicada o pasado día 10.

“A día de hoxe en Silleda contamos cun polígono no que afortunadamente case a práctica totalidade das naves están ocupadas”, indica resaltando que a actividade industrial de Silleda “non solo se recuperou senón que se está afianzando, con novos proxectos empresariais que crean postos de traballo e que atraen poboación ao noso municipio”, engade.

Ademais da mellora do viario e novas dotacións de servizos, no último ano acometéronse actuacións no parque empresarial Área como a sinalización e creación do rueiro en todo o parque e a mellora nos accesos. “Con esta iniciativa continuamos traballando na mesma línea de colaborar co sector empresarial”, engade o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial