Silleda canaliza a auga de Pedrouzo, en Graba

0

 A zona encharcábase a miudo polo que a obra era moi agardada polos veciños

lugar de Pedrouzo en SilledaSilleda, 11 de outubro do 2016 – O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos que dirixe Klaus Brey, iniciou hoxe as  obras de canalización de aguas pluviais e tarefas de drenaxe no lugar de Pedrouzo, na parroquia de Graba.

Klaus Brey e o alcalde, Manuel Cuiña,  visitaron  o lugar onde esta actuaación era moi agardada polos veciños á vista da problemática que se xeraba co encharcamento da zona, sobre todo durante o inverno.

Esta actuación acometese unha vez recibida a preceptiva autorización por parte do organismo Augas de Galicia para as obras de canalización de augas pluviais na zona de servidume e policía do regato de Pedrouzo, afluente do río Toxa, que discorre polo entorno do lugar.

A obra  evitará a formación de grandes bolsas de auga, que están a causar unha grave prexuízo no vial de acceso ó lugar, causando danos na infraestrutura viaria e afectando tamén a algunha vivenda.

Os traballos consistirán na canalización das augas pluviais mediante a formación dunha cuneta entubada nunha lonxitude de 151 metros, ata unha arqueta de infiltración de aros de formigón, situada a unha distancia mínima de 10 metros dende o leito do rego, nun trazado en planta con forma de L, no que se disporán de 3 arquetas de rexistro intermedias.

“Esta era unha obra moi necesaria e que sen dúbida mellorará o tránsito na zona e a calidade de vida dos residentes no lugar”, explica o rexedor. Dada a dificultade dos traballos, ao ter que facer a substitución de toda a tubaxe que se instalou no tramo no seu día, está previsto que se prolonguen durante unhas dúas semanas.

Dende o Concello de Silleda agradécese a comprensión dos usuarios para evitar transitar por esta pista durante a realización das obras. “Trátase dunha actuación con certa complexidade e que queremos que se remate en condicións para zanxar de unha vez por todas a problemática das inundacións nesta zona”, remarca Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial