Cancelada a Semana Verde de Galicia e pospostas Galiforest e Enerxétika

0

Silleda, 16 de abril do 2020 – A Fundación Semana Verde de Galicia ven de cancelar definitivamente a celebración da feira que lle da nome e pospoñer as de Galiforest e Enerxética.

Nun comunicado a Semana Verde informa do traslado da edición número 43 a primeira semana do mes de xuño do 2021. Según os responsables “Esta decisión está motivada pola situación de alerta sanitaria xerada polo covid-19, que supón que non sexa convinte a súa celebración este ano por responsabilidade social e económica con todos os axentes que participan no certame”.

A Fundación centrará os esforzos no vindeiro ano que reunirá dúas condicións moi especiais; por un lado o feito de ser un Ano Santo e por outro que o recinto da Semana Verde cumprirá 25 anos desde a súa inauguración.

Cancelada a Semana Verde de Galicia e pospostas Galiforest e Enerxétika

Repasa as novas dos últimos anos sobre a Semana Verde en este enlace

Desde a xerencia explican tamén que celebrala en xuño de este ano ” non é pertinente pola incerteza sobre a evolución a curto prazo da pandemia”. Engaden que “levala a cabo noutras datas tampouco sería idóneo xa que sendo unha feira cunha importante porcentaxe de expositores e actividades situados no exterior, non debería celebrarse máis tarde das primeiras semanas de outubro para minimizar o posible impacto negativo do clima. Pero moitas empresas non confían en que a evolución da pandemia poda facer que a sociedade recupere nesas datas a normalidade necesaria”.

Moitos dos expositores trasladaron á Fundación a súa inquedanza pola súa situación futura a corto e medio prazo, debido ás diferentes medidas derivadas do Estado de Alarma e as consecuencias que estas lles están ocasionando a nivel económico e laboral. Unha situación pola que indican que non poden garantir a súa presencia na feira si se celebrase neste exercicio e que, de facelo, minimizarían considerablemente a súa inversión.

Galiforest Abanca 2020 e Enerxétika

A Fundación Semana Verde de Galicia, tamén decidiu aprazar o seu monográfico forestal Galiforest Abanca tras as conversas mantidas cos expositores xa confirmados para esta sexta edición e ante a mesma inquedanza provocada polo covid-19. A maioría destas empresas, coincidindo coa análise da Fundación, consideran que o máis oportuno é pospoñer esta cita, fixada inicialmente entre o 25 e o 27 de xuño. As datas se decidirán proximamente pero se barallan os meses de setembro e outubro.

Por outra banda Enerxétika 2020 estaba prevista para o mes de marzo e foi posposta tamén debido ao covid-19. A intención da organización é fixar novas datas tan pronto a situación relativa a esta crise sanitaria se normalice. Os expositores xa confirmados para esta terceira edición trasladaron tamén de forma xeneralizada á organización a intención de manter a súa participación nas novas datas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial