Silleda falla o certame #SilledaCreanaCasa dotado con 2.000 euros en premios

0

Silleda, 25 de xuño do 2020 – O certame #SilledaCreanaCasa, posto en marcha polo concello de Silleda para fomentar a creatividade durante o confinamento e axudar ao comercio local, xa ten gañadores.

Según informa o concello de Silleda no apartado de escrita, para maiores de 13 anos, a gañadora é Begoña Castro Villaverde, veciña de Escuadro, polo relato breve “A miña fiestra”; o segundo premio é para Natalia Conde, autora do poema que leva por título “O meu sentir”. O terceiro premio é para Alberto Álvarez Doval, polo poema “Buxos Verdes”. Os galardóns están dotados con vales de compra por valor de 500, 300 e 200 euros.

No apartado infantil, de 6 a 13 anos, os máis cativos participaron no certame con debuxos e outras creacións artísticas. Neste caso, e ante a elevada participación modificaronse os premios ampliando o número de galardóns, cuestión que permitían as bases do certame.

Así o primeiro premio é para Nuria Crespo Casal, o segundo para Marco Pereiras Rivas; o terceiro para Lía García Quinteiro, o cuarto para Nuno Baamonde Lázara e outórgase tamén un quinto para Noa González Camanzo.

Silleda falla o certame #SilledaCreanaCasa dotado con 2.000 euros en premiosEstes galardóns entregaranse o vindeiro luns ás 12:00 horas. Así mesmo, todos os nenos e nenas que participaron están xa recollendo nas dependencias municipais os libros en galego mercados nas librarías locais cos que se premia a participación nesta iniciativa, que se abriu para toda a veciñanza de Silleda.

Dende o Concello agradécese a participación de todas as persoas que presentaron traballos

“Estamos moi satisfeitos con esta iniciativa, non só pola calidade dos traballos senon pola elevada participación”, indica a concelleira de Cultura, Mónica González.

Ademais de potenciar a creatividade durante a etapa do confinamento esta iniciativa servirá para continuar colaborando co comercio local, na liña do programa integral Silleda Reactiva, con axudas directas ou a campaña de promoción do comercio de proximidade no municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial