Silleda convoca a séptima edición do certame de microrrelatos

0

Silleda, 28 de marzo do 2018 – A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda, que dirixe Pilar Peón, ven de convocar a que será a sétima edición do Concurso de Microrrelatos ao que poderán concorrer persoas empadroadas en Silleda a partir dos 6 anos de idade.

Os microrrelatos de este ano terán que ter como temática a Emigración e valorarase a orixinalidade e a creatividade. O prazo para presentar os traballos abrirase o vindeiro luns día 2 de abril e rematará o luns 7 de maio. As bases, que poderán consultarse na web municipal, establecen como en anos anteriores dúas categorías: unha para nenos e nenas de 6 a 12 anos e outra para persoas de 13 anos en adiante.  Os textos, que terán que estar titulados e escritos integramente en galego, poderán presentarse en dúas modalidades: a ordenador, (cun máximo de 500 caracteres), e tamén escritos a man, (máximo 100 palabras). Deben presentarse en papel DIN A4, sempre firmados baixo pseudónimo, nun sobre co nome do concurso e a categoría na que participa. Noutro sobre pechado irán os datos persoais. Os traballos deberán ser inéditos e non terse presentado a outros certames e deberán ser entregados no rexistro do Concello de Silleda, ou remitidos por correo ordinario ao seguinte enderezo: Concello de Silleda – Rúa Trasdeza, Nº55 –  36540 Silleda.

O xurado encargado de elixir os mellores microrrelatos estará composto por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira de Normalización Lingüística, Pili Peón, ou a persoa en quen delegue.  O fallo do xurado darase a coñecer antes do 31 de maio, e os nomes dos gañadores serán publicados a través da web www.silleda.gal, ademais de notificárselle aos interesados a través dos datos facilitados coa presentación do traballo.

Os premios, para cada categoría consistirán nunha tablet valorada en 100 euros e un vale de 20 euros para canxear en comercios silledenses. Ademais, de pertencer o gañador ou gañadora a algún centro educativo do Concello de Silleda, entregarase un vale de 50 euros para mercar libros en galego nas librerías do municipio para a biblioteca do centro.

“O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que cada ano conta con máis participación”, comenta a concelleira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies