займ срочно

Silleda humanizará un solar de Bandeira grazas a cesión dos propietarios

0

Silleda, 12 de agosto do 2018 – O Concello de Silleda vén de asinar un novo convenio de cesión de terreos con particulares que permitirá o uso e humanización dun solar en Bandeira.

O terreo está situado na rúa da Feira, nas inmediacións da praza Juan José Salgueiro. O goberno municipal estudará nas vindeiras semanas os posibles usos deste terreo que grazas á cesión da propietaria poderá ser utilizado como espazo público. Precisamente o alcalde, Manuel Cuiña, agradecía a propietaria, Carmen Soto Lareo, a cesión “Pola súa situación será un terreo destacado para calquera uso que se decida darlle”.

A cesión terá, coma noutros casos asinados recentemente, unha duración indeterminada, ata que os propietarios do terreo decidan destinalo a outro uso, notificándollo previamente ao Concello de Silleda, que asumirá todos os gastos e traballos para o adecentamento do terreo.

Humanización da vila

A iniciativa neste caso partiu do Concello de Silleda, que á vista da situación da parcela, en desuso, e da necesidade de mellorar o seu acondicionamento, propuxo á familia propietaria  asinar este convenio.  Esta actuación vén a sumarse a outras realizadas nos últimos anos, tanto en Silleda coma na Bandeira, apostando pola mellora e humanización das vilas. “Cremos que se trata dun acordo que beneficiará á veciñanza e contribuirá a mellorar a imaxe do pobo da Bandeira”, apunta Cuíña, que lembra tamén a cesión doutro solar situado na rúa Xeral que se acondicionou hai dous anos como zona axardinada.

Tamén en Silleda acondicionáronse solares cedidos na rúa María Colmeiro e na rúa Cartaxena, que se adaptaron como aparcamentos públicos e nalgún caso como zona axardinada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies