Silleda completará o roteiro entre Pazos e Carboeiro coa colaboración do IES Colmeiro

0

Silleda, 8 de febreiro do 2017 – O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Turismo, que dirixe Ana Luisa González Costa, ven de asinar un convenio co IES Pintor Colmeiro para a realización de prácticas dun dos alumnos do Ciclo Medio de Actividades Físicodeportivas no Medio Natural.

Un momento da reunión da concelleira con responsables do IES

Un momento da reunión da concelleira de tuirsmo de Silleda con responsables do IES

Un dos acometidos deste alumno será rematar o roteiro entre a parroquia de Pazos, onde se atopa a Fervenza do Toxa, e o mosteiro de Carboeiro en colaboración co Concello de Silleda.  No momento de realizar este roteiro non foi posible localizar o antigo camiño que unía os dous enclaves . “Partindo de que temos un paraxe natural incomparable, con bosques autóctonos e outros actractivos, queremos completar este roteiro pola zona interior de monte, onde unha vez localizada a ruta procederase á limpeza e á correspondente sinalización”, indica a concelleira de Turismo.

Este roteiro forma parte do proxecto que desde o concello de Silleda busca a mellora da sinalización e accesos ao mosteiro románico de Carboeiro e á Fervenza do Toxa. Do traballo queda aínda pendente por realizar a dotación do aparcamento público para evitar o acceso con vehículos á Fervenza (onde se peatonalizou toda a baixada) e a finalización deste roteiro, de 6, 7 kilómetros.

“Os antigos camiños, coma tantos outros, quedaron totalmente cubertos pola maleza e agora recuperaremos estas rutas interiores para finalizar este roteiro, ademais de continuar promovendo outras actividades no medio natural”, explica a concelleira de turismo de Silleda, que mantivo en días pasados un encontro co alumno de prácticas, co seu titor e co técnico municipal de Deportes.

 Ademais desta ruta o traballo en colaboración co CM de Actividades Físicodeportivas tamén se centrará na organización doutras actividades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial