займ срочно

Silleda estudia colaboracións coa Asociación de Emigrantes Retornados Unidos

0

Un momento da reunión celebrada en SilledaSilleda, 15 de decembro do 2016 –  No concello de Silleda tivo lugar un encontro con membros da Asociación de Emigrantes Retornados Unidos (AERU) de Ulla Umia, unha organización sen ánimo de lucro creada en 2013 con fin de defender e axudar aos emigrantes retornados.

O colectivo, que preside Celso Domínguez, é o único destas características na provincia de Pontevedra e co fin de dar a coñecer a súa labor está a manter reunión en distintos municipios.

A concelleira Ana Luisa González Costa asistiu ao encontro con esta entidade coa que se buscarán liñas de colaboración “co obxectivo de que os emigrantes que voltaron a Silleda poidan beneficiarse dos servizos de atención e asesoramento que ofrece este colectivo”, engade.

Así, unha das posibles colaboracións pasaría polo establecemento dun local para atender ao público nunhas datas determinadas “a fin de achegar aos posibles beneficiarios este servizo, xa que a día de hoxe só contan con oficina en Caldas en Reis”, explica.

“Silleda foi como tantos outros municipios galegos un municipio con moita emigración, tanto a América coma a Europa. O esforzo dos nosos emigrantes no seu día merece unha resposta agora que por distintas circunstancias este colectivo precisa de axuda”, engade a concelleira advertindo de problemáticas coma a compensación de incapacidades ou as sancións de Facenda que motivaron no seu día a aparición de colectivos coma AERU.

Dende a asociación explican que o colectivo xurdiu precisamente ante a falta de institucións orientadas ao retorno, tanto para os emigrantes que xa están aquí como para os que aínda permanencen nos países de acollida pero que pretenden regresar.

Entre os servizos da entidade figuran a información sobre os dereitos adquiridos durante o periodo migratorio; o asesoramento e axuda na xestión e tramitación de pensións de invalidez, xubilación, viudedade, orfandade así como doutras prestacións as que poidan ter dereito os retornados; información sobre a tributación das pensións procedentes do extrandeiro, sobre a convalidación de títulos e orientación socio-laboral; sevizo de orientación xurídica…., entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies