займ срочно

Silleda mercará máis colectores a través dun convenio con Ecoembes

0

Silleda, 2 de agosto do 2017 – O Concello de Silleda mercará nas vindeiras semanas  novos colectores para mellorar a recollida selectiva e a reciclaxe no municipio a través dun convenio con Ecoembes.

Modelo de contedor que usa Ecoembes

Modelo de contedor que usa Ecoembes

Esta adquisición levarase a cabo mediante un convenio coa entidade Ecoembes, logo de que o pasado mes de xullo dende o departamento municipal de Medio Ambiente se solicitaran á Xunta novas unidades para continuar co proceso de mellora da recollida de lixo.

Según o alcalde Manuel Cuiña “Ainda que melloramos moitisimo o servizo coa implantación do sistema de carga lateral e a recente chegada da recollida selectiva ás 33 parroquias, segue sendo necesario renovar os colectores nalgúns puntos”.

Así, na misiva advertíase da necesidade de contar con colectores de envases lixeiros (amarelos) e tamén os destinados ao depósito de papel e cartón, para colocar estes últimos nas illas medioambientáis á beira dos de carga lateral. Agora, en base ao acordo con Ecoembes, o Concello recibirá un total de 8.000 euros (4.750 euros para colectores de envases lixeiros e 3.250 para a recollida de papel-cartón). Unha vez asinado o acordo o Concello de Silleda dispón de tres meses para proceder á compra e colocación das novas unidades.

Dende o Concello de Silleda destácase a mellora sustancial do servizo logo de que en 2015 se instalaran os colectores de carga lateral en Silleda e Bandeira (agora colocados xa tamén nas poboacións atravesadas pola estrada nacional 525), e da implantación da recollida selectiva no rural, coa colocación de 128 colectores amarelos de 800 litros cada un nas 33 parroquias do rural.

Segundo datos facilitados por Urbaser, no mes de maio e ata o pasado 21 de xuño retiráranse en Silleda dos colectores amarelos un total de 2.830 kilos, unha cifra que da conta do nivel de conciencia e compromiso da cidadanía á hora de reciclar.

“Os resultados están a ser moi bos, por eso temos que agradecer aos veciños e veciñas á sua colaboración a hora de apostar pola reciclaxe e o cuidado do medio” indica o alcalde, Manuel Cuiña.  Este servizo ven a sumarse no ámbito da xestión de residuos á recente instalación de dous mini puntos limpos en Silleda e na Bandeira ou ás campañas de recollida de plásticos que se realizan dende o Concello ao longo do ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies