Novo mobiliario para a rúa Progreso de Silleda

0

Silleda, 5 de agosto do 2019 – O Concello de Silleda continúa coa colocación de novo mobiliario urbano nos principais enclaves da vila e estes días remata coa rúa Progreso.

A rúa Progreso é unha das máis céntricas do casco urbano. Estes días rematouse de colocar os bancos, similares aos instalados hai un ano na praza Siñor Afranio.

En total colocáronse 7 bancos ao longo na rúa, para uso da veciñanza e dos viandantes. Esta actuación enmárcase nas accións de humanización das vilas que se veñen levando a cabo coa renovación e dotación de novo mobiliario urbano, tarefas de axardinamento, e outras actuacións.

bancos na rúa progreso de silledaDende o pasado ano tamén se están a renovar progresivamente as papeleiras ademais de colocar outras en novas ubicacións.

Reposición de bolardos

Ademais nas vindeiras semanas dende o Concello de Silleda procederase á reposición e colocación de bolardos en zonas nas que foron danados ou eliminados debido a diferentes sinitros. Dende o departamento de Urbanismo, que dirixe Pilar Peón, xa se conta cun informe sobre a cantidade de elementos necesarios para limitar o estacionamento e reforzar a seguridade dos viandantes nalgúns puntos.

Obras a bo ritmo

Por outro lado, as obras de humanización e mellora da seguridade viaria no entorno do Centro de Saúde e Centro Social dos Maiores continúan a bo ritmo. Xa está instalado o sistema de iluminación e un dos arcéns do viario xa conta con novo pavimento. Os traballos, que se acometen con cargo ao programa DepoRemse, cunha inversión de 500.000 euros estarán totalmente rematados a finais deste mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial