Silleda comeza a mellora do acceso a Refoxos

0

Silleda, 27 de febreiro do 2019 –  Despois do acordo alcanzado coa igrexa o pasado mes de xaneiro o concello de Silleda vén de iniciar os traballos de mellora no entorno da igrexa parroquial de Refoxos, para resolver as deficiencias existentes, cunha actuación moi demandada polos veciños.

Os traballos en Refoxo foron adxudicados na última sesión da xunta de goberno local celebrada o pasado día 12, por un importe de 45.878,81 euros. O viario  ampliarase nun tramo duns 300 metros, nun camiño estreito e moi deficitario no que só se pode circular nun único sentido. Ademais de ampliar esta pista, contemplase a creación dunha zona de estacionamento de uso público nas inmediacións do lugar do Lázara.

O alcalde Manuel Cuiña indica que “Trátase dunha actuación que veñen demandando os veciños e veciñas de Refoxos nos últimos anos, e unha vez obtida a conformidade dos propietarios destes terreos e tamén do Obispado, podemos xa  levala a cabo, dado que esta zona conta cuns accesos moi deficientes”.

Cuiña visitou as obras acompañado polo edil de Medio Rural, Jesús Taboada, e o de Obras e Servizos, Klaus Brey, e agradeceu aos veciños de Refoxos e ao Obispado de Lugo a súa boa disposición para que a mellora se poida materializar. Os traballos comezaron co movemento de terras e a dotación dun muro de contención para salvar o desnivel existente e nos vindeiros días continuarán coa ampliación da pista e a dotación do aparcamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial