Silleda construe sendas con carril bici en O Castro

0

A empresa adxudicataria iniciou os traballos que unirán as beirarrúas desta localidade coa rúa da Estación de Silleda

Novo carril bici en SilledaSilleda, 7 de novembro de 2016-.  Hoxe deron comezo as obras de construcción das sendas peonís que irán dende a rúa da estación (xunto á rotonda) ata o actual tramo de beirarrúas na localidade, na marxe dereita da estrada en dirección a Breixa.

O proxecto, que foi adxudicado xa o pasado mes de xullo á empresa Endenor, inclue ademais a construcción dun carril bici, que se proxecta dende o citado cruce ata as pistas deportivas de O Castro.

Esta obra, que suporá unha inversión de 150.000 euros, comprende un tramo da estrada autonómica PO-211 e outra da provincial EP 6502.

Esta dotación era unha das obras previstas no programa do goberno municipal, para reforzar a seguridade nesta zona, sobre todo tendo en conta o número de usuarios que se achegan ata as pistas deportivas, e para ampliar o circuito peonil nas aforas da vila de. A actuación foi solicitada xa o pasado ano dende o Concello á Xunta de Galicia, unha solicitude que se viu reforzada cun escrito veciñal acompañado de 68 firmas de veciños e usuarios que pedían esta dotación.

Na proposta do  goberno municipal tamén se inclue o carril bici para facilitar o acceso das persoas que se achegan en bicicleta ata as instalacións deportivas existentes.

Con esta actuación complétase tamén o  circuito peonil periurbano, que se mellorou o pasado ano coa nova dotación na estrada de Vilanova, ou o remate de aceras no tramo de Morón, entre outras actuacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial