Silleda comezará as obras no aparcadoiro da fervenza da Toxa nos vindeiros días

0

Silleda, 12 de xuño do 2018 – O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, acompañado de membros do goberno e técnicos municipais, presentou no centro social de Pazos o proxecto para dotar dun aparcamento a esta localidade que visitan cada ano milleiros de persoas para achegarse ata a coñecida Fervenza da Toxa.

silleda reunion veciños A Pazos

Imaxe de arquivo dunha reunión anterior no Centro social de Pazos

Cuiña, xunto cos concelleiros de Obras e Turismo –Klaus Brey e Ana Luisa González- explicou que con esta iniciativa complétase o proxecto de sinalización e mellora do entorno que se iniciou o pasado ano coa peonalización da baixada á fervenza da Toxa, dotación de sinais, e outras melloras. “Unha vez que logramos retirar o tráfico de vehículos do entorno, agora creamos este novo servizo para os milleiros de turistas e visitantes que se achegan a esta localidade”, explica.

O alcalde lembrou ademais que a retirada do paso de tráfico pola localidade era unha vella demanda da veciñanza. O parking situarase preto da igrexa, nuns terreos alugados polo Concello ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), entidade propietaria das parcelas.  Os terreos suman unha superficie de 18.000 metros cadrados, polos que se abonará  a cantidade de 2.000 euros anuais revalorizables en 100 euros por ano. O período de duración do acordo establécese por 8 anos .

Na xuntanza os veciños coñeceron o deseño do parking, con adoquíns vexetais, que inclúe a creación de 80 prazas iniciais para estacionamento de turismos e autobuses.  “E dado o tamaño dos terreos, se fose necesario poderíanse ampliar as prazas”, explica o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies