Silleda crea un Comité de Irmandamento

0

Silleda, 21 de outubro do 2017 – O municipio de Silleda xa conta cun Comité de Irmandamento que estará formado por representantes de distintas asociacións do concello.

O alcalde, Manuel Cuiña, mantivo un novo encontro cos colectivos para artellar xa esta entidade, que se encargará de coordinar accións de intercambio sociocultural con entidades doutros países.

Neste último encontro decidiuse xa formar a directiva do Comité de Irmandamento que estará composta por Belén Calvo, da asociación Veciñal e Cultural de Cortegada (Avecuco), como presidenta; Rosendo Estevez (de Olaia) como vicepresidente; Jesús Taboada (Asociación Feiral Semana Verde) como Secretario; Evaristo  Rey , da Asociación Cultural e Musical Gaiteiros de A Pereiriña de Ansemil Martixe como tesoureiro, e como vogais representantes doutras asociacións. Así figuran entre os representantes membros da Asociación Musical Recreativa e Cultural da Bandeira; Banda de Música Municipal de Silleda; Fortín da Pomba; Asociación Cultural Xirandola; Asociación Cultural Vista Alegre; Coral Polifónica Trasdeza; Asociación Avanza Trasdeza; Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba; Coro Vales Mahía; Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas; Asociación Santiago Apóstol de Taboada; Avema; Asociación Veciñal e Cultural Ansemil-Martixe; Asociación de Veciños da parroquia de Laro e Anpa Musiquiños.

Un total de 19 asociacións integrarán este colectivo a través do que se canalizarán ademais as subvencións que tramitará o Concello de Silleda a nivel europeo para sufragar as actividades de intercambio.

O Concello de Silleda comezou a traballar na creación do Comité de Irmandamento nas últimas semanas, pulsando a dispoñibilidade das asociacións ás que se convocou a unha primeira reunión para informar sobre esta iniciativa na que xa se entregou un borrador dos estatutos da futura entidade.

 “Silleda ten un gran tecido asociativo e temos que agradecer ás entidades que se inscribiron o seu apoio para formar este comité, unha entidade clave para realizar actividades de intercambio como a que tivo lugar en agosto en Canéjan”, explica o alcalde que reitera o seu agradecemento ás entidades participantes.

Ademais desta localidade francesa, o Concello ten previsto irmandarse con Paredes de Coura, en Portugal.

Ademais de concorrer a proxectos da Unión Europea na axenda destas iniciativas figuran intercambios culturais de interese a nivel social e cultural, dos que poderán beneficiarse os silledenses.

“O obxectivo final é traballar polo benestar dos veciños e o desenvolvemento de accións conxuntas coas que buscamos dinamizar o noso pobo e beneficiar ao maior número posible de silledenses”, engade.

O seguinte paso que dará o Comité de Irmandamento será realizar unha asamblea para constituir formalmente a entidade e aprobar os estatutos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies