займ срочно

Silleda acorda coa veciñanza a sinalización dos petróglifos

0

Silleda, 14 de febreiro do 2018 – O goberno de Silleda reuniuse cos propietarios dos terreos no que se atopan xacementos para acordar a posta en valor dos petróglifos. 

A concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González, participará no encontro cos propietarios dos terreo onde se ubican algún dos xacementos arqueolóxicos da zona sur do municipio. O que se busca é poñer en valor cun proxecto de sinalización os petróglifos. O acordo final permitirá que o proxecto quede listo en marzo.

Os asistentes coñeceron polo miúdo o proxecto de sinalización promovido polo Concello de Silleda e realizado polo arqueólogo Israel Picón. Os propietarios que asistiron ao encontro (tan só faltou un) asinaron a autorización correspondente para a instalación dos paneis e amosaron o seu acordo coa iniciativa para a posta en valor destes elementos patrimoniais.

A concelleira  de Cultura e Turismo, Ana Luísa González,  xunto con técnicos do departamento e o arqueólogo autor do proxecto explicaron aos propietarios  en que consiste a iniciativa e que será financiada cunha subvención de 9.250 euros.

Os traballos suporán a instalación de paneis informativos sobre o patrimonio  histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal centrados nos xacementos e zonas arqueolóxicas das parroquias mais meridionais do concello de Silleda presididas pola Serra do Candán.  Nesta zona atópanse máis de medio centenar de xacementos arqueolóxicos de diferente tipoloxía:poboados da idade do Ferro, petróglifos prehistóricos e históricos, enterramentos neolíticos….             

De xeito xeral a sinaléctica estará redactada en tres idiomas, galego (principal), castelán e inglés. Ademais da instalación de paneis tamén está previsto colocar sinais turísticas direccionais de estradas. Nos paneis figurará información gráfica (fotografías, mapas explicativos…).

Roteiros e visitas de centros educativos

Una vez rematada a instalación está prevista a recuperación do roteiro nocturno que puxo en marcha a Asociación de Veciños San Miguel de Oleiros e outras visitas con escolares da contorna, para que os “nenos coñezan o amplo patrimonio arqueolóxico de Silleda, xa que é tan importante que nos visiten os de fora coma que os nosos veciños coñezan e aprecien o que temos aquí”, sinala Ana Luisa González.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies