Silleda adxudica a construción do Viveiro de Empresas no polígono Área 33

0

Silleda, 10 de xullo do 2019 – O concello de Silleda ven de adxudicar a construción do viveiro de empresas, que estará situado en terreos do polígono Área 33, por un importe de máis de trescentos mil euros.

A obra do viveiro de empresas saíu a concurso o mes pasado por procedemento aberto e tramitación urxente, cun orzamento base de licitación de 349.085,23 euros, IVE incluído. En total concorreron 4 ofertas ao proceso de licitación que vén de rematar coa adxudicación dos traballos cun orzamento de 328.139,50 euros, IVE incluído. A Xunta de Goberno Local formalizou a adxudicación, logo da proposta da Mesa de Contratación desta iniciativa.

O Concello de Silleda é o promotor desta agardada obra, a única destas características que se aprobou o pasado mes de abril por parte da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra, concedendo o máximo subvencionable 240.000 euros.

A obra, que se completará con fondos municipais, virá a dar resposta a unha das grandes demandas do colectivo silledense dos empresarios dos últimos anos. Estímase que os traballos comezarán a levarse a cabo durante este mes de xullo.

O proxecto presentado polo Concello de Silleda conta cun  edificio na parcela municipal situada xunto á rotonda do parque, que se levantará, como xa se avanzou no seu día, integrándose coa actual nave municipal sita nesta parcela. Este novo edificio serviría como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de servizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo. Do mesmo xeito, tamén se plantexa como lugar de encontro e reunión entre distintos profesionais.

O novo edificio proxéctase cunha estrutura de planta baixa, en forma de “L”, e adxacente á nave que xa existe na parcela municipal, xunto á rotonda do parque empresarial.

O deseño permitiría incluso unha futura ampliación cunha nova planta nunha seguinte fase.

O proxecto contempla espazos como unha cafetería, vinculada ao acceso principal, despachos para as empresas, salón de actos, e aseos accesibles. “Búscase a construción dunha estrutura modular que permitiría, se fose necesario, ir ampliando o edificio para acoller novos servizos”, indica o alcalde Manuel Cuiña.  “A día de hoxe en Silleda contamos cun polígono no que afortunadamente case a práctica totalidade das naves están ocupadas”, indica resaltando que a actividade industrial de Silleda “non solo se recuperou senón que se está afianzando, con novos proxectos empresariais que crean postos de traballo e que atraen poboación ao noso municipio”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial