Silleda celebra este domingo a primeira consulta popular oficial en Galicia

0

Silleda, 3 de xuño do 2017 –  O municipio de Silleda converterase mañá domingo no primeiro concello galego en celebrar un referendo oficial. Os veciños e veciñas están chamados a decidir se están de acordo ou non co traslado das oficinas municipais á actual Casa da Cultura.

A xornada electoral comezará ás 09:00 horas coa apertura das mesas que estarán atendidas por persoal municipal. Os veciños e veciñas poderán exercer o seu dereito a voto ata as 21:00 horas.

En total son 13 os colexios electorais que se instalarán en todo o municipio: Silleda (2 mesas na Casa da Xuventude); Bandeira; Cortegada, Taboada, Saídres, Escuadro, Graba, Laro, Breixa, Negreiros, Lamela e Cira.

En todas elas os veciños terán á súa disposicións as cabinas habituais en calquera proceso electoral. Haberá tres papeletas á súa disposición :unhas marcadas con “Sí”, outras co “Non” e outras en branco que poden ser ou non cubertas.

En canto ao número de votantes, para a consulta popular utilizarase o padrón municipal. Así, están chamados ás urnas un total de 7.947 veciños e veciñas maiores de 18 anos.

O Consellos de Ministros autorizou o pasado 24 de marzo a celebración desta consulta popular, a primeira que se celebra de xeito oficial en Galicia na historia da democracia.

A proposta do goberno municipal é trasladar todos os servizos municipais, que actualmente se atopan repartidos en tres edificios á actual Casa da Cultura centralizando alí todas as dependencias da entidade local.

Así, ademais da Casa Consistorial ubicada na rúa Trasdeza, na estrada N-525 , os servizos municipais atópanse repartidos nun piso da rúa Alfonso Trabazo e no Centro Social, na rúa Chousa Nova.

Dende o Concello o alcalde, Manuel Cuiña, que formulou no seu día a proposta de traslado, fai un chamamento aos veciños e veciñas “para que participen nunha xornada histórica na que estaremos no punto de mira de todo o país”, sinala o alcalde reiterando que “máis aló do resultado, que por suposto será vinculante, o máis importante é que haxa unha boa participación”.

Cuiña apunta que “na opinión do goberno municipal Silleda ten que modernizarse e reestructurar a súa Administración local, por iso plantexamos este cambio, que consideramos que será vital para  o futuro”, engade.

Reclamación do Partido Popular

En canto á reclamación do Partido Popular sobre as cartas enviadas aos domicilios solicitando a participación veciñal e o número 12 do boletín informativo municipal Silleda Info, Cuiña explicou que onte mesmo se dictou unha Resolución de Alcaldía, amparada nun informe xurídico do Secretario Xeral. Segundo este informe, que se basea tamén en sentenzas do Tribunal Supremo, a Lei Orgánica de Réxime Electoral non rixe o referéndum, senon en todo caso a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local.

No informe explícase que o goberno municipal ten dereito a explicar os porqués e os beneficios do cambio de ubicación do consistorio, informando á cidadanía. “Neste proceso non se está elexindo a unha persoa. No seu día o Goberno de España coa entrada na OTAN e o máis recentemente o británico, co Brexit, tamén explicaron –como goberno- a súa proposta”, engade Cuiña. “Non incumplimos ningunha Lei”, explica o alcalde. Pese a desestimar a reclamación, Cuiña adiantou que se elevou xa tanto ao Consello de Ministros como á Xunta de Galicia esta resolución, para que a informen se o creen oportuno, dado ademais que a Xunta Electoral de Zona delegou todas as funcións na Secretaría Xeral do Concello.

Por outra banda, ante as últimas manifestacións nos medios do Partido Popular, Cuiña apuntou “que nos dous anos de lexislatura non presentaron nin unha sola iniciativa”. “Non me preocupa nin me parece mal que opinen, é lícito, pero o que é lamentable é que fagan política miserable cos usuarios de Servizos Sociais”, engadiu o rexedor.

“Nunca fixemos, nin faremos política coa xente que o está pasando mal”, engadiu advertindo que os Servizos Sociais sempre estiveron nos consistorios. Cuiña explicou que en Silleda, antes de que se trasladaran ao Centro social por falta de espacio estaban nas dependencias de Alfonso Trabazo “onde nunca se entregaron alimentos nin outros enseres á xente que o precisa”.

Así o alcalde quixo “transmitir aos usuarios e veciños a absoluta tranquilidade de que se seguirá respetando o anonimato dos usuarios como se fixo sempre”.  “Ademais en servizos sociais se fan moitos trámites ordinarios aparte destas axudas, co que ata agora os usuarios tiñan que vir varias veces. Ao unificarse as dependencias facilitaremos aos veciños a realización destre trámites”, engadiu.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial