займ срочно

Silleda terá o control da auga desde o día 1

0

Silleda, 28 de decembro do 2016.  O Concello de Silleda asinou coa empresa Espina y Delfín o documento final da transmisión do servizo de abastecemento de auga, que dende o vindeiro día 1 de xaneiro pasará a ser municipal.

Un momento da reunión en SilledaO alcalde, Manuel Cuiña, e o secretario xeral do Concello, Manuel Quintáns, rubricaron o acordo co apoderado de Espina, Amador Mosquera e o director do servizo de augas da entidade, Juan J. Somoza.

Con este acordo concretouse tamén o número de traballadores da empresa que subrogará o Concello de Silleda. Finalmente serán 5 os traballadores que dende o vindeiro día 1 de xaneiro pasarán a formar parte da plantilla municipal de Silleda.

 Así mesmo, no encontro abordáronse outros aspectos económicos derivados do acordo plenario do pasado 29 de agosto, polo que se pechaba a histórica débeda con Espina y Delfín, que tiña a concesión do abastecemento dende o ano 1996.

“Con este documento que asinamos queda pechado non só a transmisión do servizo ao Concello se non que tamén se cerra o longo capítulo de débedas que se viñan arrastrando dende hai anos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña que resalta o clima de “cordialidade e entendemento” entre o Concello e a empresa, á que agradece a súa disposición.

Atención ao público nas oficinas da  rúa Alfonso Trabazo

Por outra banda, dende o Concello de Silleda infórmase ao público que para a xestión de altas e baixas no servizo os usuarios deberán de dirixirse a partir do vindeiro 1 de xaneiro ás oficinas municipais sitas na rúa Alfonso Trabazo número 3, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies