Silleda renovará o convenio con Afapo de Atención Integral a Persoas con Alzheimer e as súas familias

0

Silleda, 7 de novembro do 2018 –  O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) será renovado. 

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, mantiveron un encontro nas dependencias municipais con José Manuel Fontenla, director de Afapo, no que se perfilou o convenio que rexirá as actuacións a levar a cabo o vindeiro ano. En palabras do alcalde “Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senón tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces descoñécense”.

En febreiro comezaron a impartirse por terceiro ano consecutivo os obradoiros de estimulación cognitiva para as persoas que sofren de alzheimer e outras demencias que continuarán ata final de ano na Casa da Xuventude. Esta é unha das actividades que se vén desenvolvendo con este programa, ao igual que os cursos para familiares e coidadores/as.

Para o vindeiro ano o convenio recollerá ademais algunhas novidades que se darán a coñecer unha vez que se estipulen os acordos entre o Concello de Silleda e a entidade.

Obxectivos

Dende AFAPO explícase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situacións de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estres crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenvolverse  en Silleda no ano 2014 e á que o Concello de Silleda destinou o pasado ano un total de 18.000 euros. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermidades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta ou a próxima apertura dun Centro de Día e Residencia”, sinala a concelleira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial