Novos destrozos no Parque das Pedrosas de Silleda

0

Silleda, 17 de decembro do 2019 – O concello de Silleda segue na procura de máis seguridade para o Parque das Pedrosas co fin de evitar os actos vandálicos e diminuirá as horas coas que conta luz artificial.

Durante o inverno reaxustarase o horario das luminarias do Parque das Pedrosas ara evitar novos destrozos. O goberno municipal segue tamén facendo un chamamento á colaboración para tratar de localizar aos responsables dos graves desperfectos da pasada fin de semana, con máis dunha ducia de báculos derribados e danados

Parque das Pedrosas en Silleda

Parque das Pedrosas en Silleda

Logo dos gravísimos danos ocasionados o pasado mes de xullo, con casi unha vintena de puntos de luz derribados e /ou danados, este luns detectábase un novo ataque neste espazo público. Logo de cortar o subministro eléctrico no recinto e de realizar o pertinente informe por parte da Policía Local, ,membros dos servizos municipais achegáronse ata o lugar a primeira hora da mañá para realizar unha valoración do sucedido. O alcalde, Manuel Cuiña, expresaba a súa indignación “É lamentable que novamente teñamos que presenciar actos vandálicos coma este, que nos afecta a todos os veciños e veciñas”.

Dende o goberno municipal anunciase que nos vindeiros días, en canto se restablezan os danos, se reducirá o horario de luz artificial do parque. Durante a época de inverno está previsto que se apaguen ás 21:00 horas (ata o de agora apagábase de madrugada, sobre as 02:00) , volvendo a ampliar o horario na primavera para permitir o uso e disfrute do público. “Cremos que pode ser unha medida para disuadir o vandalismo, xa que se estima que estos actos acontecen de noite”, indica o alcalde.

Cuiña lembra que un dos motivos da instalación das luces foi precisamente “permitir aos veciños e veciñas disfrutar durante máis tempo deste parque, sobre todo na primavera e no verán” e que esta medida será temporal á espera de localizar ao autor ou autores “sobre os que exerceremos todas as medidas que permita a Lei” ou de atopar outras alternativas.

Dende a mellora do Parque Municipal das Pedrosas, un enclave único con 13.000 metros cadrados de extensión, en marzo de 2018, foron xa varios os ataques vandálicos tanto aos báculos coma ao mobiliario do recinto.   As obras nas Pedrosas supuxeron unha inversión de 200.000 euros, coa creación de sendeiros, a reconstrución dos muros de pedra e a dotación de iluminación neste enclave natural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial