Silleda e a Deputación de Pontevedra avanzan na urbanización da Estrada da Ponte

0

Silleda, 5 de xuño do 2018 – A Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda asinarán este venres o convenio de colaboración para urbanizar a EP-6518 máis coñecida como a Estrada da Ponte, a altura do novo centro de día.

Según o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, a urbanización da estrada da Ponte será contratada de xeito inmediato unha vez se formalice o acordo entre ambas administracións cun orzamento total de 594.320,42 € e, se todos os trámites saen segundo o previsto, iniciarase neste mesmo ano.

Según Benítez, a actuación xorde da petición do alcalde de Silleda, que marcou como prioritaria unha actuación na zona para dar continuidade peonil ata o centro da vila ás persoas usuarias do futuro centro de día. O departamento de Mobilidade apostou por encaixar a petición dentro da súa Estratexia de Mobilidade 3.0, priorizando as necesidades dos sectores máis vulnerables (os peóns primeiro), fomentando o calmado de tráfico e a creación dun espazo peonil continuo de seguranza viaria con beirarrúas de rasantes continuas, un largo mínimo de 2,5 metros e criterios de accesibilidade universal.

Actuarase nun tramo de 441 metros dende a intersección coa rúa Feira Internacional de Galicia, correspondente co punto quilométrico 0+435 ata a contorna da intersección coa PO-205 no PQ 0+876. O proxecto supón a transformación dunha vía que na actualidade é eminentemente rodada. Construirase un novo sendeiro arredor do centro de día para permitir o paseo das persoas usuarias, o que suporá a conexión peonil co centro urbano á mesma vez que mellora a zona como un parque de gran dimensión. O proxecto xoga con distintos materiais e texturas para conseguir unha diferenciación lóxica do espazo peonil e o reservado para a circulación de vehículos.

Dados os condicionantes físicos propios do lugar, no proxecto contémplase unha meseta elevada, como zona de convivencia con prioridade peonil e redución especial de velocidade dos vehículos ata 30 quilómetros hora con carácter de praza urbana. Finalmente, o proxecto inclúe melloras en diversos servizos urbanos como alumeado público, saneamento e abastecemento, soterramento de liñas eléctricas, xardinería e mobiliario urbano.

O importe dos traballos ó que se refire a presente actuación ascende a 594.320,42 euros, dos que a Deputación de Pontevedra aportará 416.024,29 euros (o 70%) e o Concello de Silleda 178.296,13 euros (o 30%).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial