Silleda e Noia anuncian contratacións temporais

0

Bisbarra, 19 de xuño do 2019 – Os concellos de Silleda e Noia veñen de anunciar procesos de contratacións temporais para cubrir distintos postos na campaña de verán.

Socorristas, tractoristas ou peóns son algúns dos postos que se cubrirán en ambos os dous municipios. Son contratos temporais que terán unha duración de tres meses. Serán 3 postos en Silleda e doce a tempo parcial en Noia.

Silleda

Silleda publicou este luns o anuncio para cubrir un posto de socorrista para as piscinas municipais, que complementará a contratación doutros dous a través do Servizo Galego de Emprego, con cargo á  subvención da Xunta a para contratación de traballadores en colaboración cas entidades locais. Convócanse tamén outras dúas prazas de tractorista por acumulación de tarefas. Neste caso o prazo para presentarse á convocatoria é de tres días, rematando este venres.

Por outra banda, tamén se ven de convocar a praza de guía turístico para a atención en Carboeiro, con cargo á subvención da Deputación de Pontevedra para contratar personal de atención da oficina turística sita no Mosteiro, no marco da rede Info Rías Baixas. A contratación neste caso será por 5 meses, ata decembro. Os aspirantes deben cumprir unha serie de requisitos, entre eles, estar en posesión deo título de Ciclo Superior en Guía , Información e Asistencias Turísticas.

As bases dos tres procesos, así coma os anexos e outra información están publicadas na web municipal (silleda.gal), no apartado Perfil do Contratante (Servizos) , no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica.

Noia

O Concello de Noia vén de convocar o proceso de selección, mediante o sistema de concurso oposición, para cubrir 12 postos de traballo temporias da categoría de peóns para o servizo de obras e de limpeza viaria. Un contrato de 3 meses de duración, con xornada a tempo parcial (25 horas semanais) e baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con cláusulas específicas de contrato temporal de traballos de interese social que hoxe foi publicado no BOP e cuxas bases poden descargarse da sede electrónica do Concello noiés (https://noia.sedelectronica.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, a contar dende hoxe mércores (polo que o prazo de admisión pecharase o luns 8 de xullo). Con todas as solicitudes presentadas crearase unha bolsa de traballo que terá unha vixencia para os próximos 3 anos. A concelleira de Protección Civil, Ángela Neri, explica que “as doce persoas seleccionadas desenvolverán labores de peón de limpeza viaria e espazos públicos, así como traballos de albanelería en obras de arranxo, mantemento, pavimentación e reparación de beirarrúas así como actuacións de conservación e acondicionamento de áreas recreativas, áreas axardinadas e zonas verdes”.

Para poder participar na convocatoria é preciso ter cumpridos os 16 anos, ser español/a ou nacional dun estado da UE e posuír certificado de ter superado a ESO ou título de graduado escolar ou equivalente, así como o CELGA 2 ou superación dunha proba de nivel. As persoas interesadas en tomar parte no proceso selectivo deberán entregar unha instancia no Concello de Noia, xunto á documentación esixida nas bases, antes do vindeiro 8 de xullo. A instancia poderá presentarse ben no Rexistro do Concello de Noia, nas oficinas de Correos ou a través da sede electrónica do Concello noiés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial