займ срочно

Silleda e Xonix Récords poñen en marcha Son de Silleda

0

Silleda, 19 de marzo do 2021 – A firma silledense Xonix Récords coa colaboración do Concello de Silleda, pon en marcha o proxecto “Son de Silleda”, unha iniciativa para apoiar aos músicos da vila.

Silleda trata de que aqueles traballos de interés, que por mor da pandemia non puideron sair adiante, teñan a financiación necesaria para levalos a cabo.

Son de Silleda nace vendo a merma do sector no tecido cultural, logo de que a pandemia dera ao traste moitos concertos e actuacións de artistas e grupos. Desde o concello vese con preocupación que a “nova normalidade” segue cuestionando ao sector, coa redución de aforos ou o peche de salas de concertos.

Xonix Récords, cun estudo de gravación profesional sito en Bazar, na parroquia de Abades, encargarase da produción, gravación, mestura e mástering de cada traballo seleccionado, ademais de asinar un contrato editorial do seu selo discográfico cos proxectos escollidos e distribuír o traballo en máis de 100 plataformas dixitais.

Para participar, aqueles músicos, cantantes, bandas ou grupos (de calquera estilo musical) que estean interesados, deben de cubrir unha ficha de solicitude, que se poñerá a disposición na web do selo, e remitila ao mail managementxonix@gmail.com. Logo haberá un proceso de valoración e selección dos proxectos recibidos entre persoal do estudo e da Concellería de Cultura. Xunto coa solicitude debe remitirse tamén unha gravación de son ou vídeo a modo de mostra do traballo que se quere levar a cabo e unha pequena biografía.

O contido do disco terá un mínimo de 8 temas e un máximo de 10. O prazo para participar será dende este sábado día 20 e ata o 15 de abril.

“Con esta proposta queremos axudar aos músicos/as de Silleda que estén interesados e que agora pasan tempos difíciles para sacar adiante traballos cun acabado profesional a baixo custe”, engaden Lolo Arincón e Paco Montoto, de Xonix Récords, que presentaron a iniciativa xunto á concelleira de Cultura, Mónica González, no estudo de gravación do selo silledense.

Xonix, ademais de selo discográfico, é tamén unha editorial musical, literaria, produtora audiovisual e axencia de management.

Dende o Concello de Silleda, Mónica González, destaca a iniciativa desta entidade silledense, e apunta que Son de Silleda “é unha forma máis de seguir apoiando dende o Concello o talento e ao sector cultural silledense, neste caso no ámbito musical”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies