Silleda empregará a 11 persoas a través do Plan Concellos 2019

0

Silleda, 15 de xaneiro do 2019 – O Concello de Silleda contará con 11 novos operarios por un período de 9 meses grazas ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

As novas contratacións do Plan Concellos aprobáronse en Xunta de Goberno Local cunha proposta que inclúe un monitor de ocio e animador sociocultural, 3 postos de peóns varrendeiros, 4 de peóns xardineiros; 2 peóns albaneis e un peón de limpeza de edificios públicos.

Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra  de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos e tamén ao apoio ao departamento de Cultura e xestión de iniciativas no marco dos intercambios europeos. A selección do persoal farase ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e  entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.

Estas contratacións supoñen unha inversión de algo máis de 174 .000 euros, que se financiarán a través da citada liña do Plan Concellos.

“Un ano máis volvemos a contar con persoal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuír a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos aos nosos veciños”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Ademais das contratacións dende o Concello de Silleda estanse a levar a cabo distintas iniciativas relacionadas coa promoción do emprego como Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego , que xa axudou a preto dunha vintena de veciños e veciñas a poñer en marcha as súas iniciativas empresariais, con subvencións a fondo perdido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial