займ срочно

Silleda outorgou un total de 8 axudas a través do Plan Municipal de Promoción do Emprego

0

Silleda, 10 de xaneiro do 2018 – O Concello de Silleda outorgou ao longo do ano 2017 un total de 8 axudas ao abeiro do Plan Municipal de Creación de Emprego.

As axudas supoñen case o 75% da partida orzamentaria prevista paa a pasada anualidade, cun total de 15.000 euros.  As catro últimas axudas outorgadas foron para a entidade Trasdeza Natur, de producción e transformación de produtos ecolóxicos e naturais, que percibirá 2.400 euros ;  Sonia Mirás Peiteado, que vén de abrir no municipio un centro  de ensino de lingua inglesa, con 900 euros; Begoña Jácome, por apertura dun establecemento na Bandeira  (900 euros) e Óscar García (600 euros).

No primeiro dos casos, Trasdeza Natur recibe un plus por tratarse dun proxecto vinvulado ao sector primario (1.200 euros), por cumprir co criterio de parado de longa duración (300 euros);  outros 600 pola alta no Réxime de Autónomos  e 300 pola apertura de local.  

No caso da segunda axuda outórganse 600 euros pola apertura de establecemento e 300 pola alta en Autónomos. Begoña Jácome percibe 600 euros por alta en autónomos e 300 euros por apertura de local e no caso de Óscar García a axuda é de 600 euros por darse de alta como autónomo. Nas últimas semanas tamén se rexeitou unha das solicitudes por non cumprir co requisito de estar en situación de desemprego, un dos apartados fundamentais do programa.

O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego iniciouse no 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira, Ana Luisa González Costa.

Dende mediados do 2015 outorgáronse xa un total de 14 axudas municipais para a posta en marcha de distintas iniciativas emprendedoras, con cantidades a fondo perdido que varian en función da puntuación obtida. A subvención máxima outorgable é de 3.300 euros. “Estamos moi satisfeitos con este programa”, remarca a concelleira Ana Luisa González Costa que explica que das peticións realizadas só se rechazaron dúas por non cumprir cos requisitos recollidos nas bases reguladoras.

As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases. Ademais tamén se poden descargar os anexos para realizar as solicitudes.

No orzamento de 2018 no que xa está a traballar o goberno municipal volverá a contemplarse esta iniciativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies