займ срочно

Silleda oferta un obradoiro de técnicas para falar en público dirixido a mulleres

0

Silleda, 5 de setembro do 2019 –  O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Igualdade, retoma a Escola de Empoderamento cun obradoiro para falar en público.

Esta escola, que se puxo en marcha hai un ano, continúa na procura de intervencións dedicadas ao liderado feminino. En ese sentido ofértase este curso de 20 horas sobre técnicas para falar en público. Celebrarase dende o 24 de setembro e ata o 24 de outubro os martes e xoves en horario de 18:00 a 20:00 horas.

O obradoiro terá lugar na Casa da Cultura de Silleda e abordará cuestións coma o proceso de comunicación, a conexión co público, ou o discurso, para que dende o coñecemento e o adestramento as participantes poidan adquirir ferramentas que lle axuden a superar as dificultades en este eido.

Tamén se analizarán xestos e a linguaxe paralingüística que normalmente utilizamos, traballando o discurso para que este teña unha estrutura diferenciada e sexa claro.

 “Este  curso busca mellorar as competencias das mulleres á hora de enfrontar con éxito o discursos e presentacións como ferramenta no ámbito laboral ou noutras facetas de participación social”, explica a concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño.

As persoas que desexen participar xa poden inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM), que coordina a actividade, a través do teléfono 986 592937 ou no mail cim@silleda.es.

A Escola de Empoderamento nace co obxectivo de converterse nun espazo de encontro no que as mulleres analicen as súas propias experiencias e poidan dispoñer de ferramentas  que contribúan a reforzar o seu sentido de individualidade e asuman responsabilidades sobre as súas propias decisións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies