Novos equipamentos para o Punto Limpo de Silleda

0

Silleda, 25 de maio do 2020 – Nos últimos días deron comezo as obras de mellora do  Punto Limpo do Concello de Silleda  para contará con novas instalacións destinadas a aparellos eléctricos.

O Punto Limpo de Silleda foi  un dos 9 centros seleccionados pola Deputación de Pontevedra para participar no programa Estratexia Sostible Transfronteiriza para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), do que é beneficiario principal o organismo provincial.

Esta iniciativa, tamén con municipios do norte de Portugal e  no marco do Programa de Cooperación Interreg V (Poptec 2014-2020)  supón un investimento total de 618.075 euros nestes centros de xestión de residuos nos que se levarán a cabo obras de adaptación  e o subministro de equipamentos necesarios.

Novos equipamentos para o Punto Limpo de SilledaCon esta iniciativa, que estará lista nos vindeiros días,  o Punto Limpo de Silleda non só recibirá pequenos aparellos eléctricos, senón que o proceso se ampliará para a selección, tratamento e posterior recuperación dos mesmos.

“Dende o Concello de Silleda estamos moi satisfeitos de poder continuar mellorando servizos grazas a iniciativas coma esta”, indica o alcalde Manuel Cuiña, quen destaca o notable aumento de usuarios do Punto Limpo, por onde pasaron en 2017 máis de 1.500 persoas, converténdoo nun servizo esencial que axuda a mellorar a xestión no ámbito medioambiental.

Esta actuación vén a completar outras melloras realizadas nos últimos anos, como a dotación dunha unha marquesina para almacenaxe e xestión dos chamados electrodomésticos de liña branca, cunha dimensión duns 50 metros cadrados.

Apertura con cita previa o sábado 30

O Punto Limpo de Silleda reabrirá as súas portas o vindeiro sábado día 30, só con cita previa e cumprindo unha serie de medidas de seguridade. Esta instalación só abrirá ata novo aviso ao público os sábados, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

As persoas que desexen utilizar as instalacións deben chamar ao 986 580000, para sacar cita. Os vehículos accederán á explanada de un en un, e os propios usuarios depositarán os residuos nos lugares onde lle indique o personal que atenda. Deberán acceder ademais con mascarilla e disporán de xel desinfectante á entrada do centro.

Operarios municipais realizaron nos últimos días tarefas de desbroce no entorno deste centro municipal que tamén será debidamente desinfectado antes da súa apertura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial