Silleda equipa ao viveiro de empresas

0

Silleda, 2 de xuño do 2020 –  O Concello de Silleda equipará nos vindeiros meses o Viveiro de Empresas do Parque Empresarial cos fondos da Liña 1 do  Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Serán 25.000 euros cos que se dotará ao viveiro tanto de mobiliario como de equipamento informático. O edificio foi rematado a finais do pasado ano. En palabras do alcalde, Manuel Cuiña,  “este centro é  unha das grandes demandas do sector empresarial nos últimos anos, e o poñeremos tamén ao servizo das persoas emprendedoras, ademais de servir, entre outros como espazo de formación”.

Silleda equipa ao viveiro de empresasO Concello de Silleda continúa estudando ademais a fórmula para establecer a apertura deste centro, que supuxo un investimento de máis de 300.000 euros, con fondos municipais e autonómicos.  O  edificio, que servirá  como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de servizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo, ademais de servir como centro de reunión,  está situado na parcela municipal xunto a rotonda do polígono, a parcela municipal situada xunto á rotonda do parque. Conta con varios despachos, salón de actos, aseos accesibles e espazo de cafetería.

“Grazas a esta dotación poderemos completar a equipación deste edificio para  poder establecer canto antes o seu funcionamento”, indica o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial