Silleda pon en marcha a súa Escola de familias

0

Silleda, 29 de abril do 2017 –  Silleda contará cunha Escola de Familias, un proxecto que nace da demanda de pais e nais polos cambios na sociedade actual que afectan en gran medida á educación dos cativos.

O alcalde Manuel Cuiña, e a concelleira de Educación Pilar Peón, presentaron esta iniciativa xunto con Kim Llobet, a presidenta de Acrofam  (Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar) e o psicólogo, terapeuta e mediador familiar Carlos Vila, que se encargará de impartir as sesións en Silleda.

Pilar Peón indicou que a Escola de Familia era un proxecto que o goberno municipal de Silleda “tiña en mente dende hai tempo e que por fin botará a andar a vindeira semana”. Así a primeira das sesións será o martes día 2 , ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Silleda. Todos aqueles pais e nais que teñan dúbidas ou que desexen consellos sobre cómo manexar situacións cos seus fillos poden participar nestas sesións, todas de balde, e que se celebrarán cada trimestre.

Carlos Vila explicou que as sesións (logo desta primeira o día 2 haberá outra en xuño) duran algo máis dunha hora e que se plantexan temas para que os pais poidan preguntar e informarse. “As Escolas de Familia nacen da necesidade e inquedanza dos pais e nais que se atopan problemas no día día que non son capaces de manexar”, sinalou  o psicólogo durante a presentación, referíndose a situacións como o uso de teléfonos móbiles, ordenador. “Trátase tamén de devolverlles aos pais a idea de que o fan ben, porque os pais necesitan que alguén os reforce”. Cuestións coma a disciplina, o establecemento de límites, cómo manexar castigos e sacarlle a súa carga negativa…. Son algunhas das cuestións que se tratarán na Escola de Familia de Silleda, para apoiar aos pais e asesoralos na difícil tarefa de educar aos fillos.

“Moitas veces pecamos de exceso de paternalismo e os fillos e fillas teñen que aprender a ser autónomos”, engade Vila.

Pola súa banda a presidenta de Acrofam, Kim Llobet, agradeceu ao Concello de Silleda que apostar por crear unha Escola de Familia. “A responsabilidade e coidado dos fillos é dos pais pero dende hai anos hai outros moitos axentes educadores. Os pais dedicámonos a cubrir todas as necesidades dos fillos, a que non lles falte de nada, pero olvidámonos de educalos en responsabilidade. A veces acabamos facendo cousas por eles e non lles estamos axudando”, engade.

Sesións de balde e participativas para pais e nais

As sesións, de entrada libre para pais e nais con fillos menores de calquera idade, servirán para que os pais e nais pregunten calquera dúbida ou pidan consello sobre situacións que lles custe manexar.

Dende o Concello, que se puxo en marcha con Acrofam a través da Anpa do CEIP de Silleda, faise un chamamento a todos os pais e pais para que asistan “a este espazo onde se poñerán en común as nosas inquedanzas na procura de solución”, engade Peón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial