Silleda creará unha  zona de estacionamento en Área 33

0

Silleda, 10 de xullo do 2020 – Silleda sigue buscando novos aportes para o parque Área 33 e ven de conseguir unha axuda para a construción dunha zona de estacionamento.

O concello de Silleda recibirá este subvención da convocatoria da Consellería de Economía e Facenda para a mellora de parques empresariais. O total do orzamento previsto para esta actuación é de 106.094,95 euros., cofinanciada por ambas as dúas institucións.

Crearase unha zona de aparcamento na zona de acceso ao polígono dende Lalín. Terá unha distribución en batería e unha capacidade de 50 prazas (2 delas para persoas con mobilidade reducida). O anteproxecto prevé tamén un muro de contención, que formará parte da nova fachada do polígono dende o acceso de Lalín, e que se dotará dun acabamento aplacado en pedra, e cun rótulo identificativo do polígono.

Esta actuación viría a implementar a mellora de accesos e a sinalización que se dotou no parque empresarial nos dous últimos anos, co pintado dos tramos, sinalización verticarl e nomeamento de rúas, entre outros.

O alcalde, Manuel Cuíña, explica que “Por sorte, as naves do polígono empresarial de Silleda están case todas en activo, polo que a dotación deste espazo virá a ampliar os servizos nesta área onde se acometeron distintas melloras nos últimos anos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial