O alcalde de Silleda preocupado pola parálise na tramitación do PXOM

0

Silleda, 27 de maio do 2018 – O goberno municipal de Silleda segue agardando pola reunión solicitada á Consellería do Medio Ambiente , da que depende o organismo Augas de Galicia,  para tratar de superar a parálise na que está sumido o PXOM.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo a principios de mes un encontro con membros do equipo de goberno, técnicos municipais e con Alfonso Botana, redactor do PXOM de Silleda para analizar a situación do Plan Xeral de Urbanismo. Nada máis rematar o encontro solicitouse un encontro ca conselleira de Medio Ambiente, da que depende o organismo Augas de Galicia, “con carácter de máxima urxencia” para estudar posibles solución, pero a día de hoxe aínda non se teñen noticias da concellería. En novembro do pasado ano  xa se deu conta no pleno dun acordo da Xunta de Goberno local para reclamar á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio a aprobación definitiva do Plan Xeral de Silleda. Meses antes, o Concello recibirá un escrito solicitando demostrar a “suficiencia de recursos hídricos”  baseándose en sentenzas e esixindo cuestións como a legalización das traídas. Posteriormente enviouse  documentación sobre a legalización de traídas de augas de Silleda e da Bandeira sen que dende o organismo se emitira un informe positivo.

O alcalde, Manuel Cuiña, advirte que de non ter noticias nos vindeiros días, no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves día 31 “estudaremos a adopción das medidas oportunas ante a paralización dun dos proxectos máis importantes para o futuro do noso municipio. Non podemos seguir así. É case unha tomadura de pelo que non nos reciban para falar dunha cuestión que está coartando o futuro de Silleda, cando temos xa informes favorables do resto dos organismos”, di o alcalde lembrando que o PXOM de Silleda foi aprobado provisionalmente en marzo de 2016.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial