A Residencia de Silleda celebrou o Día do Libro con Fernando Ónega e o Cura de Bandeira

0

Silleda, 24 de abril do 2020 – A través dunha videochamada Fernando Ónega celebrou o Día do Libro cunha conversación con Don José Espiño, O Cura de Bandeira.

O chamado Cura de Bandeira é un dos usuarios da Residencia de Silleda e foi párroco durante máis de 50 anos da vila da que acabou collendo o alcume.

A homenaxe virtual a Don José Espiño realizouse grazas a colaboración de Andrés Seoana, da Fundación Baiuca Verdescente e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña.

Cura e escritor

A Residencia de Silleda celebrou o Día do Libro con Fernando Ónega e o Cura de BandeiraDon José, párroco de Bandeira durante máis de 50 anos é un gran escritor que ata os 93 anos empregou ordenador. Unha persoa culta, gran lector e un home con gran sentido da caridade. Son moitas as persoas que falan das veces que Don José axudou aos feligreses e tamén aos máis necesitados.

A Residencia de Silleda celebrou o Día do Libro con Fernando Ónega e o Cura de Bandeira

Fernando Ónega

No ano 1977, o periodista Fernando Ónega visitou a vila da Bandeira, como outras moitas veces fixera, pero nesta ocasión asistiu a unha misa de Don José e puido escoitar a súa homilía. Homilía que figura no seu libro “Qué nos ha pasado, España”.

Ónega, natural de Lugo, foi Director de Prensa da Presidencia do Goberno de Adolfo Suárez e autor de gran parte dos seus discursos, entre eles o famoso “puedo prometer y prometo”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial