Silleda cambiará as obras en Foxo para conservar o tramo da antiga calzada medieval

0

Silleda, 28 de setembro do 2017 – A actuación do Concello de Silleda no núcleo histórico de O Foxo detívose coa aparición dun tramo orixinal da antiga calzada medieval.

As obras en Foxo comezaron hai unhas semanas e están sometidas a un control arqueolóxico ao coñecerse de antemán que pola zona pasa a antiga calza medieval que agora quedou ao descuberto.

“Con esta actuación buscabamos precisamente a posta en valor da antiga calzada, retirando o formigón e recuperando o tramo. Pero a aparición deste importante tramo e as esixencias dos técnicos da Administración autonómica obrígannos a replantexar a actuación”, indica o alcalde Manuel Cuiña.

Técnicos de Patrimonio da Xunta e do servizo arqueolóxico do Camiño de Santiago, visitaron a obra e inspeccionaron a calzada medieval e os traballos xunto cos técnicos municipais e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Klaus Brey.

O proxecto de intervención proposto polo Concello, e que contaba co visto bo do comité asesor do Camiño de Santiago e de Patrimonio, non poderá levarse a cabo tal e como estaba previsto “porque as esixencias técnicas son inasumibles para o Concello, tanto a nivel económico como para o día a día dos veciños que residen en O Foxo”, engade.

Reunión veciñal

O rexedor convocou unha reunión cos veciños da zona para explicarlles a situación. “Dende o Concello de Silleda xa estamos a traballar nunha proposta que remitiremos á Consellería de Cultura para ver se obtemos o visto bo, e coa que trataremos de equilibrar a conservación histórica da calzada co dereito dos veciños a contar cun servizo axeitado ao século XXI”, engade.  A xuntanza está prevista para hoxe xoves ás 20:00 horas xunto ao lavadoiro.

Documentación

Polo de agora os servizos arqueolóxicos procederán a documentar graficamente os tramos de antiga calzada atopadas en contas máis baixas do agardado. Os traballos estanse a levar a cabo con fondos municipais, buscando a posta en valor desta poboación de gran relevancia ata principios do século XIX, atravesada ademais polo Camiño de Santiago.

As actuacións previstas incluían a mellora e posta en valor do tramo de calzada, a canalización de augas con presas de pedra, a recuperación da fonte da botica, -que se está a levar a cabo tamén segundo as indicacións dos técnicos en arqueoloxía- e a mellora e posta en valor do lavadoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial