займ срочно

Silleda trata coa Fundación Laboral da Construción posibles acordos en formación

0

Silleda, 12 de setembro do 2017 – O Concello de Silleda estuda a posibilidade de asinar un convenio coa Fundación Laboral da Construción en materia de formación.

 

A concelleira de Emprego, Ana Luísa González, mantivo un encontro con membros da entidade para analizar as posibilidades desta iniciativa a fin de reactivar aos traballadores do sector.

“Segundo os datos que nos ofrece a fundación, o persoal que se forma e especializa no sector da construción ten moitas probabilidades de lograr un emprego neste sector”, indica a concelleira.

Ana Ruzo, asesora de formación da Fundación Laboral da Construción e Soledad Álvarez, profesora de emprego, analizaron en detalle as posibilidades desta colaboración “Cremos que será unha proposta beneficiosa para as persoas vinculadas á construción e no caso do noso Concello dispoñemos de datos a través do programa Silleda Emprega, a través do que canalizaríamos este acordo de formación”, engade a concelleira silledense.

 “Dende a Concellería de Emprego consideramos que tanto os cursos de formación como o uso das novas tecnoloxías  son imprescindibles á hora de estar ben posicionados no mercado laboral ”, explica Ana Luísa González, que lembra que a Fundación Laboral da Construción, que xa impartiu sesión formativas hai varios anos en Silleda, forma cada ano a máis de 70.000 persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies