Silleda rende homenaxe á Banda de Música Municipal

0

Silleda, 9 de agosto do 2018 – O pobo de Silleda renderá homenaxe á Banda Municipal de Silleda o vindeiro sábado 25 de agosto por iniciativa da Asociación Cultural O Lacón.

A homenaxe á Banda Municipal comezará as nove da noite e incluirá unha cea. O prezo é de 16 euros e as reservas debe facerse na Librería Edita ou a través do teléfono 653 844 183. A data límite das reservas será o mércores 22.

A Asociación Cultural O Lacón decidiu facer esta homenaxe no traxecto de volta dende Valencia, onde a formación participou o pasado 21 de xullo no prestixioso certame internacional Ciudad de Valencia cunha actuación memorable. O presidente do colectivo, Luís González Abal, explica que  “Esta é unha homenaxe de todo o pobo, non só polo éxito de Valencia se non polo traballo de todo o ano, pola Escola, a calidade da formación… O concurso de Valencia deunos unha alegría e tamén un pulo para darlle un agarimo á banda, as grazas por levar o nome da vila de Silleda tan alto con actuacións espectaculares como a que vivimos o mes pasado”.

A homenaxe a formación que dirixe Rafael Agulló foi presentada no concello de Silleda. No acto colabora tamén a Anpa Musiquiños. En palabras do alcalde Manuel Cuiña  “Con esta homenaxe amosamos tamén o orgullo que supón para Silleda a banda de música, que tantas alegrías nos ten dado”.  Na presentación estiveron presentes tamén a concelleira de Cultura, Ana Luísa González, e membros de O Lacón como Angel Llorente e Alfonso Mosquera por parte da Anpa Musiquiños.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies