Silleda e o  IES Colmeiro organizan unha Semana Branca en Andorra

0

O alumnado do Ciclo Medio de Actividades Fisicodeportivas no Medio Rural  encargarase de organizar, como parte da formación, esta expedición prevista para febreiro-marzo e que se difundirá nos centros educativos

reunión preparatoria en Silleda Silleda, 26 de outubro de 2016.  O Concello de Silleda, a través da Concellería de Deportes e a de Xuventude, promove xunto co  Ciclo Medio de Actividades Fisicodeportivas no Medio Rural, do IES Pintor Colmeiro, a celebración dunha Semana Branca en Andorra prevista para finales do inverno.

As concelleiras Ana Luisa González e Pili Peón mantiveron xa o primeiro encontro con José Antonio Couso, profesor do citado ciclo formativo, para perfilar esta iniciativa.

O alumnado deste ciclo medio encarase da organización de toda a viaxe, dende o deseño de rutas ou a reserva de aloxamento e comidas, ata as clases de esquí, aluguer de materiais… Unha actividade que tamén lles servirá como experiencia práctica na súa actividade educativa. “Parécenos moi interesante que sexan os propios alumnos e alumnas os que fagan o deseño de todo o programa e da organización”, indica a concelleira de Deportes, Ana Luisa González. A viaxe tería lugar entre febreiro e marzo, época na que a neve estaría garantizada na zona de Andorra, onde está previsto tamén celebrar rutas de sendeirismo, entre outros.

En principio a actividade está destinada a personas a partir dos 10 anos. A proposta, con 7 días de duración, difundirase entre os centros educativos do municipio pero tamén está aberta a todos os veciños e veciñas de Silleda así como familias que queiran disfrutar dunha semana enteira en pleno contacto coa natureza.

Nos vindeiros días comezará a presentarse nos colexios e irán perfilándose todas as actividades desta iniciativa que continúa formando parte das vías de colaboración entre o Concello e o IES Pintor Colmeiro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial