Silleda, 22 de xullo do 2018 – O próximo día 24 Silleda inaugurará a Rede de calor con biomasa, un dos proxectos máis interesantes, xurdidos desde un concello da bisbarra, nos últimos anos.
Aínda que a ídea da Rede de calor ven de lonxe, a súa posta en marcha foi moi rápida. En abril saía publicado no Boletín Oficial da Provincia o anuncio que abría o prazo para a presentación de ofertas de construción e agora as instalacións serán inauguradas, catro meses. Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia, que se converterá na primeira rede público-privada deste tipo na comunidade.
Unha rede en crecemento
A primeira fase da rede subministrará calefacción e/ou auga quente sanitaria o pavillón deportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul, a Residencia e Centro de Día de Maiores e o Hotel Vía Argentum. Nunha segunda fase conectaranse outros edificios como a actual Casa da Cultura, a Escola de Música o CEIP de Silleda ou a Oficina Agraria Comarcal. O alcalde Manuel Cuiña explica que “Con esta iniciativa deixaran de expulsarse ao medio nesta primeira fase 342 toneladas de CO2 ao ano, e 380 toneladas no segundo, o aforro económico será de 81.000 euros ao ano respecto ao consumo anual, e de 93.000 euros cando estea lista a segunda fase. A idea é que no futuro calquera usuario privado se poida enganchar”. O rexedor tamén indica o aproveitamento que se quere tirar do monte “o obxectivo final e crear un ciclo que nos permita ademais aproveitar a biomasa dos nosos montes. Esta fase abre as portas para crear un circuíto que de saída a materia prima dende os nosos montes, co que significa tamén no tocante á prevención de incendios”.
Inauguración
No acto de inauguración do próximo martes estarán presentes, o Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández, o Director Xeral de Enerxia e Minas, Ángel Bernardo Tahoces a Xerente do INEGA, Zeltia Lado Lago e o Deputado Provincial, Carlos López Fonnt.
No acto soterrarase una Caixa ( Cápsula do tempo) onde cada administración involucrada neste proxecto, depositará algo simbólico.