Silleda inaugura unha rede de calor con biomasa pioneira en Galicia

0

Silleda, 27 de outubro do 2018 –   Silleda ven de inaugurar a Rede de Calor con Biomasa, a primeira en Galicia de promoción público privada que na súa primeira fase está xa abastecer a varios edificios municipais.

Os primeiros servizos municipais conectados a rede xa están en funcionamento (pavillón deportivo, piscinas, campo de Outeiriño e Escola Infantil). Do mesmo xeito a parte privada da inciativa.o Hotel Via Argentum, conta xa co servizo e con el conectaranse tamén a Residencia e Centro de Día de Maiores, enlaces a piques de rematarse.

O alcalde, Manuel Cuiña, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, presidiron a inauguración que conta cunha inversión total de algo máis de 1 millón de euros. Así, aos 816.587,67 euros da instalación, financiada nun 80% polo INEGA e o 20% restante polas arcas municipais, a través do Plan Concellos da Deputación, súmase a compra da parcela na que se instalou a central de produción, con 138.336,75 euros aportados polo organismo provincial a través do mesmo programa.

A rede, de biomasa con acha, subministrará calefacción e/ou auga quente sanitaria aos edificios. Prevese que nunha segunda fase incorpore novos edificios municipais, como o actual consistorio e a casa da Cultura, así como as comunidades de propietarios que desexen conectarse. Manuel Cuiña indicou que a obra supón o primeiro paso dunha instalación que non só redundará nun maior aforro económico para as arcas municipais senón que suporá un maior redución de emisións contaminantes. Así mesmo recalcou que a rede permitirá contar nun futuro con instalacións como unha piscina climatizada, que se prevé construír na parcela da central, “algo que sería impensable para un municipio como Silleda polo custe enerxético se non contaramos con esta central de calor”, engadiu.

Cuiña, que agradeceu a colaboración tanto da Consellería de Industria-a través do INEGA-como da Deputación de Pontevedra, advertiu que esta actuación será máis ambiciosa e que ademais de estender a rede nunha segunda fase tamén se prevé contar cunha planta para o secado e achado de madeira para abastecer a instalación e facela autosuficiente.

Extensión da rede e aproveitamento dos montes locais

“Somos mais ambiciosos e queremos pechar o ciclo. Para que esta esta gran inversión teña unha segunda parte, contando cos montes de Silleda e a comarca do Deza, cunha gran superficie forestal”, indicou Cuiña advertindo que isto redundaría nunha valorización dos montes  “facendo tamén que estean máis coidados e axudando a evitar ao mesmo tempo desgracias como a que vivimos hai agora un ano cos incendios que arrasaron 600 hectáreas de monte en Silleda”, engadiu solicitando a colaboración da Administración autonómica para esta nova fase.  “Revalorizariamos os montes, teríamos unha rede autosuficiente e se cabe enerxía máis barata con valor engadido para os nosos montes, co que significa telos máis coidados e limpos, e axudando máis ao medio ambiente”, rematou.

Enerxía autóctona

Pola súa banda o conselleiro parabenizou a iniciativa do Concello de Silleda e do alcalde, como principal promotor desta actuación pioneira, a terceira Rede de Calor co sistema “District Heating”  en funcionamento  en Galicia. Conde sinalou que a iniciativa forma parte da estratexia que a Xunta iniciou en 2014 para impulsar a biomasa “como enerxía autóctona,  eficiente e que sobre todo xera  un impacto positivo no medio ambiente”.

Tamén agradeceu ao alcalde a súa colaboración institucional, “clave nestes momentos para executar proxectos diferenciadores” e sinalou que a rede de Silleda ademais de supoñer un aforro e a prestación dun servizo á cidadanía implicará tamén o “desenvolvemento dunha enerxía autóctona vinculada co territorio e que polo tanto vai a permitir establecer un circulo de xeración de valor na comarca co uso de biomasa como fonte enerxética”.

O conselleiro tamén destacou a visión de futuro do Concello de Silleda con este “proxecto exemplarizante dende o punto de vista da Administración Pública”, ademais de destacar o potencial de Galicia no sector forestal, co abastecemento do 50% da madeira que se corta no territorio nacional, e lembrar que a Xunta está tamén a construir unha planta de procesado de acha en Curtis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial