Silleda inaugura este venres o viveiro de empresas de Área 33

0

Silleda, 14 de novembro do 2019 – Este venres día 15 terá lugar a inauguración do Viveiro de Empresas situado no Parque Empresaria Área 33 de Silleda, un acto que se celebrará ás 13:00 horas, e no que participarán o alcalde, Manuel Cuiña, e representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

As obras do viveiro, cofinanciado por dita Consellería e o Concello de Silleda, comezaron o pasado verán e quedaron rematadas a finais do pasado mes de outubro, cun orzamento de case 400.000 euros.

O Concello de Silleda é o promotor desta agardada obra, aprobada o pasado mes de abril por parte da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra e que recibiu o máximo investimento para este tipo de proxectos, 240.000 euros. A actuación era unha das grandes demandas do colectivo empresarial silledense durante os últimos anos.

O edificio, de planta baixa, está situado na parcela municipal xunto á rotonda do parque. Este novo edificio servirá como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de servizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo. Do mesmo xeito, tamén se plantexa como lugar de encontro e reunión entre distintos profesionais.

O novo edificio, con amplas salas, conta con espazo para cafetería, varios despachos e sala de reunións. Dende o Concello de Silleda convídase aos colectivos do municipio e especialmente aos empresarios e comerciantes á apertura deste novo servizo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial