Silleda inicia a recuperación da antiga fonte de Outeiro

0

Silleda, 22 de xaneiro do 2019 – O Concello de Silleda, no marco da filosofía de recuperar e adecentar espazos públicos e especialmente aqueles con elementos etnográficos, está a traballar na recuperación da antiga fonte do lugar de Outeiro.

A través do departamento municipal de Obras e Servizos, a semana pasada iniciáronse  os traballos de desbroce e limpeza desta fonte, que estaba tapada. Os traballos na fonte de Outeiro continuarán nestes días de cara á recuperación do antigo manancial.

“A idea é realizar un proxecto máis ambicioso a través do cal se recuperaría non só a fonte senón tamén todo o seu entorno”, indica o alcalde, Manuel Cuiña que se achegou ata o lugar para supervisar os traballos.

Con esta iniciativa poñerase en valor ese espazo tradicional situado na vila de Silleda.

“Unha vez realizadas as tarefas de limpeza e adecentamento do entorno encargarase o estudio para poñer en marcha nun futuro o proxecto de mellora”, engade o rexedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial